jueves, 26 de abril de 2012

Praia de El Saler e Albufera

Hoxe iniciamos o día cunha foto de grupo no exterior do IES Orriols.


Despois estivemos na praia de "El Saler", onde algúns mesmo se bañaron.



Logo visitamos o pobo de El Palmar onde embarcamos para ver a Albufera e visitamos unha barraca.



De volta, xantamos unha estupenda paella e volvemos ao hotel onde estivemos na piscina. Esta noite será a despedida dos nosos amigos valencianos e gaditanos.

miércoles, 25 de abril de 2012

VISITA A VALÈNCIA CENTRE

QUADERN DE L'ALUMNE
TRIPTIC
PART 1
PART 2

Visita ao centrohistórico de Valencia

Hoxe visitamos o centro histórico de Valencia. Comezamos a visita nas Torres de Serrano, unha das portas que se conservan da cidade medieval. Logo visitamos a Casa das Rochas, museo onde se gardan os carros e os xigantes e ananos que saen na procesión do Corpus.
De seguido visitamos a Catedral, a Lonxa e o Mercado Central.

martes, 24 de abril de 2012

Encontro dos centros participantes no IES Orriols

Esta mañá todos os participantes reunímonos no IES Orriols. Primeiro almorzamos chocolate con churros, despois visitamos o instituto ondenos deu abenvida a súa directora. Deseguido visitamos o mosteirode San Miguel e os Reis onde se atopa a biblioteca valenciana. Alí mesmo visitamos a exposición da Colección Cervantina e a exposición Muller e Cultura escrita que están actualmente en exhibición. Despois xantamos unha paella no propio instiuto e pola tarde tivo lugar o recital poético. 



 

Visita ao Oceanográfico

O grupo de Cambre visitou  onte a Cidade das Ciencias e as Artes, Primeiro visitamos o Oceanográfico. Alí vimos tiburóns e golfiños, entre outros habitantes das augas.





lunes, 23 de abril de 2012

Chegamos a Valencia con algo de retraso do noso voo de Ryanair. Vistamos a cidade das Artes e as Ciencias, primeiro o Oceanográfico e logo o Museo Principe Felipe. O máis impactante o corredor baixo os tiburóns e o máis divertido os golfiños. Aquí estamos no aeroporto de Valencia.